Para recoller artrópodos epixeos móbiles na superficie do solo pódese utilizar a trampa Barber (en. pitfall trap), que consiste nun recipiente de plástico inserido no solo de maneira que o bordo superior queda nivelado coa superficie do solo.
O recipiente énchese até un terzo co líquido conservador (alcohol, formol, alcohois metilados, etilenglicol ou ácido pícrico). Polo xeral, agrégase un pouco de deterxente para rompela tensión superficial do líquido e acelerar o afogamento dos exemplares que caen na trampa. A apertura adoita estar cuberta por unha pedra inclinada ou unha tapa ou algún outro obxecto co fin de reducir a entrada de chuvia, escombros ou animais.
Para capturar artrópodos endóxeos pódese utilizar, entre outros, o método de Tullgren (tamén chamado funil ou trampa Berlese e funil Berlese-Tullgren).