...

Encima que se une a un material insoluble e inerte como os coloides húmicos e arxilosos do solo, o que lle confire protección fronte á desnaturalización e degradación polas proteases do solo. En xeral, os encimas inmobilizados manteñen a súa actividade catalítica, aínda que nalgúns casos pode quedar inactiva ou diminuír a súa actividade. A existencia de encimas inmobilizados activos permite que o solo manteña unha certa actividade catalítica independentemente da proliferación de células microbianas e da produción de enzimas polos diferentes organismos do solo.