Relación entre a permitividade real ou absoluta dun medio e a permitividade absoluta do baleiro.
Expresa a capacidade dun material para anular o campo eléctrico. Esta propiedade emprégase en determinados instrumentos para a determinación do contido de auga do solo. Nun solo seco, é da orde de 4 a 10, mentres que, na auga pura, é de 80. Esta diferenza inflúe na velocidade de transmisión dunha pulsación electromagnética ao longo de antenas de radiofrecuencia inseridas no solo. A medida da frecuencia e o tempo de reflexión da onda electromagnética nas antenas é o fundamento da determinación de humidade mediante sondas de radiofrecuencia.