...

Magnitude proposta por Schofield para interpretar os procesos de intercambio entre os catións da fase líquida (e) e os da interface (i) coa fase sólida, segundo a cal, no equilibrio, para cada catión a relación entre a actividade nunha e noutra fase é igual para todos os catións. Así por exemplo: (aH+)i/(aH+)e = (aCa2+)e1/2/(aCa2+)i1/2 = (aAl3+)e1/3/(aAl3+)i1/3. Desta magnitude pódense deducir, entre outros, o potencial cálcico e o potencial alumínico que describen o acedume do solo, mentres que o potencial potásico cálcico permite interpretar as dispoñibilidades de calcio e de potasio. En realidade, non se trata dun potencial químico, senón dun produto de solubilidade, se ben o uso xeneralizou a expresión de potenciais químicos de Schofield, que foi quen os propuxo.