Material que contén carbonato de calcio (CaCO3), carbonato de magnesio (MgCO3) ou outros compoñentes, que se utiliza para diminuír a acidez do solo a un valor determinado e para proporcionar calcio e magnesio aos cultivos. A súa efectividade depende da pureza, da capacidade de neutralización ácida e da granulometría (que controla a velocidade de reacción), que son tamén os criterios de calidade que debe garantir o fabricante xunto co contido de humidade.