Magnitude termodinámica que expresa a concentración efectiva dunha especie química. A actividade ou concentración efectiva difire da concentración real debido á atracción e repulsión entre os ións. En disolucións moi diluídas, a diferenza entre actividade e concentración pode non terse en conta, mentres que en disolucións con unha elevada forza iónica os valores da actividade dun ión difiren substancialmente da concentración. A relación entre a actividade (aX) e a concentración (cX) dunha especie X define o coeficiente de actividade. De maneira que aX = γcX. Pódese calcular de acordo coa teoría de Debye-Hückel e para forzas iónicas I < 0,001 µ, segundo a cal: −log γX = A z2 I1/2, onde z é a carga do ión, A é unha constante (0,51 a 25 °C e 1 atm) e I é a forza iónica.