...

Proceso físico-químico polo cal se produce unah acumulación ou un aumento de concentración de anións na superficie das partículas do solo (principalmente en coloides, pero tamén en óxidos de ferro ou de aluminio que cobren partículas de area, p. ex.). A pesar de que as forzas de atracción principais son debidas a cargas positivas na superficie, describíronse outros mecanismos de unión. Cando a adsorción é debida a forzas electrostáticas, denomínaseadsorción non específica; mentres que se é debida a forzas non electrostáticas (intercambio de ligandos e complexación), se denomina adsorción específica ou quimisorción.