...

Adsorción nun grupo funcional situado na superficie do adsorbente, de un catión hidratado, de maneira que haxa como mínimo unha molécula de auga interposta entre o adsorbente e o catión adsorbido. A unión prodúcese, polo tanto, mediante enlaces iónicos e ten carácter reversible. Trátase dunha unión non específica que fai posible o intercambio iónico entre a interface e a fase líquida do solo.