...

Capacidade de neutralización con ácidos por unha fase acuosa, CNA. Pódese definir como a cantidade de ácido que hai que engadir a un litro de unha disolución para levar o pH a 4,2. É un parámetro de capacidade, en contraste co pH que é un parámetro de intensidade. Hai dúas fontes naturais de alcalinidade en sistemas de augas naturais e no solo, o anión fosfato H2PO4− /HPO42− e o anión hidroxenocarbonato HCO3− /H2CO3. O papel do anión fosfato é mínimo, xa que a súa concentración adoita ser desprezable, polo contrario, o anión hidroxenocarbonato e o CO2 atmosférico desempeñan un papel moi importante no control do pH da auga de chuvia e dos corpos de auga. A alcalinidade da auga de efluentes naturais e da auga do solo a miúdo ven controlada polo carbonato cálcico presente no solo e, na súa ausencia, depende da pCO2. En sistemas que conteñen carbonato cálcico e baixo contido en anións orgánicos, a alcalinidade (Alk) pódese calcular por medio da expresión:
Alk =  2[2CO32−] + [HCO3] + [OH] − [H+]