...

Ións de aluminio (Al3+, Al(OH)2+ ou Al(OH)2+) que poden ser substituídos de forma reversible dos grupos funcionais situados na superficie dos coloides do solo por outros catións da fase líquida do solo. O Al3+ non pode existir como tal por moito tempo, xa que de encontrarse na fase líquida, rapidamente se hidrata rodeándose de seis moléculas de auga en coordinación octaédrica (Al (H2O)6)3+.