...

Forma de humus caracterizado por presentar un horizonte A zooxénico (derivado da actividade de miñocas anécicas e/ou endóxeas e un horizonte OH (derivado da actividade de miñocas epixeas e/ou artrópodos e/ou enquitreidos). A súa presenza indica unha actividade descompoñedora intensa por parte da fauna do solo que adoita darse en solos que experimentan periodicamente condicións tépedas (máis cálidas ou máis húmidas). Tamén foi denominado amphihumus.