...

Forma de vida dos organismos anaerobios, que se caracteriza pola ausencia de osíxeno molecular no medio. O termo tamén se aplica para definir as condicións dun medio carente de osíxeno.

Prodúcese cando os poros do solo se atopan saturados de auga, o que fai que a demanda da respiración biolóxica exceda á subministración de difusión de osíxeno desde a superficie do solo que tende a cero (condicións de anoxia).

A maioría das raíces das plantas non poden respirar nestas condicións e predominan os procesos de redución, como por exemplo, a do Fe3+ a Fe2+, ou a desnitrificación.