...

Dise do material do solo sen agregados no que non existe un ordenamento interno nin estrutura aparente. Pode tratarse dunha estrutura granular simple, en caso de non haber cohesión entre os grans individuais, que permanecen soltos, como ocorre nun horizonte areoso; ou dunha estrutura maciza ou continua, na que a masa é coherente, pero que ao intentar partir un volume de solo coas mans, rompe sen seguir liñas preferentes, facéndoo en resposta a como se aplique a forza.