...

Solo arxiloso de orixe mariña, que se atopa xeralmente en zonas de esteiro, rico en materia orgánica, mal drenado, saturado con auga salitrosa, rico en sulfuros (mackinawita, FeS, e pirita, FeS2) e con aportes temporais de auga doce. Acidifícase fortemente cando se drena, sempre que o material non sexa rico en carbonato de calcio (CaCO3) (cascas de moluscos, p. ex.). A causa da drenaxe ou polos aportes de auga doce, os sulfuros oxídanse a sulfatos e xeran sulfato de ferro(III), co que o pH baixa a valores inferiores a 3,5 (solos de sulfatos acedos). Estes solos poden presentar unha matriz agrisada con manchas centimétricas de cor amarela ocre que corresponden a xarosita, KFe3(SO4)2(OH)6, o que lle confire un aspecto manchado ao perfil coma se se tratase dunha pel de tigre. Debido a que son solos moi estériles, antigamente críase que estaban enmeigados; o complemento de gato vendría viría da relación que se atribúe ás bruxas con estes felinos.