...

Movemento vertical ascendente de auga nun capilar. No solo, pode ocorrer nunha columna de solo inicialmente seco, a partir dunha superficie de auga libre dunha zona saturada (capa freática). O ascenso da auga orixina unha fronte de humectación cunha carga de presión, hf. Cando a fronte de humectación ascende unha distancia igual á magnitude de hf, os gradientes de potencial gravitacional e de potencial matricial iguálanse en magnitude, pero, ao ser de signo contrario, a súa suma é cero e o fluxo de auga cesa, momento no que se alcanza a altura máxima da franxa de ascenso capilar. Este proceso contribúe ao balance de auga na zona radicular. Pode ter efectos beneficiosos ao subministrar auga ás plantas ou ser desfavorable para os cultivos se se produce asfixia radicular. Cando se trata dunha capa freática salina pode dar lugar a unha salinización acumulativa na rizosfera e na parte superior do solo, e aparecen eflorescencias brancas na superficie do solo ao se evaporar a auga.