...

Auga contida nunha proporción fixa na rede cristalina dalgúns minerais, cuxas moléculas están unidas por atracción de dipolos, e poden ser eliminadas, por quecemento p.ex., o que dá lugar a unha especie mineral distinta, sen que varíe de forma significativa a súa composición química. A incorporación de auga á estrutura dun mineral produce igualmente unha substancia nova. Por exemplo a anhidrita (CaSO4), coa incorporación de dúas moléculas de auga, transfórmase en xeso (CaSO4 · 2 H2O). Igualmente acontece co sistema tenardita (Na2SO4) – mirabilita (Na2SO4 · 10 H2O). Xeralmente se trata de compostos que cristalizan en medios acuosos.