Auga con contidos elevados en ións Ca2+ e Mg2+ asociados a HCO3−, SO42−, Cl− e NO3−. Provoca problemas cando estes ións precipitan en forma de sales nas tubaxes, pero non é nociva para a saúde. Exprésase en graos franceses (°fH). Un grao francés de dureza corresponde a un contido de calcio e magnesio equivalente a 10 mg de CaCO3 L−1. Un auga considérase moi branda entre 0 a 7 °fH; branda entre 7 e 15 °fH; semidura entre 15 e 32 °fH; dura entre 32 e 53°fH , e moi dura se supera os 53 °fH. O potencial de incrustación derivado da dureza dunha auga pode caracterizarse por medio do índice de Langelier.