...

Proceso físico-químico polo cal as partículas coloidais que teñen simultaneamente cargas positivas e negativas (características anfótericas) interaccionan e floculan. Unha caolinita pode ter certa carga negativa nas superficies basais debido a déficits reticulares ou a algunhas substitucións isomórficas (carga permanente), mentres que nos bordes das partículas pode haber carga positiva (carga variable) ao protonarse os grupos OH en medio ácido. A interacción de superficies dunha partícula de caolinita con bordes doutras partículas de caolinita provoca a autofloculación das arxilas caoliníticas a modo dunha estrutura de «castelo de naipes». Igual pode acontecer con outros minerais de arxila que desenvolven carga variable nos bordes.