...

Proceso que consiste na acumulación activa de solutos nas células dun organismo (planta, alga ou fungo), en resposta a un aumento da presión osmótica da auga do solo a causa do aumento dos sales solubles disoltos. Este axuste permite que a planta poida seguir absorbendo auga, aínda que o consumo de enerxía necesario se fai a costa dun menor crecemento, que xeralmente a planta non adoita ser capaz de recuperar unha vez realizado o axuste.