Conxunto integrado por tódalas poboacións biolóxicas (sinusias, que coexisten no solo: fitocenose, zoocenose e microbiocenose. Comparten un espazo definido con características físicas e químicas relativamente uniformes denominado biótopo.
Un ecosistema, definido orixinalmente por Tansley en 1935, é unha comunidade biótica (ou biocenose) xunto co seu entorno físico (ou biótopo). Nos estudos ecolóxicos, a biocenose pon o énfase nas relacións entre especies nunha área determinada.