Técnica que consiste en aplicar inóculos bacterianos ou fúnxicos (fungos ectomicorrícicos) a un medio.
Pode ter diversos obxectivos: 1) estimular a nutrición das plantas e con iso diminuír as doses de fertilizantes e os riscos de impactos ambientais; 2) incrementar o número de micorrizas para mellorar a calidade dunha plantación forestal coa finalidade de levar a cabo unha reforestación ou restauración de ecosistemas; 3) degradar contaminantes que supoñan un risco para o medio ambiente ou a saúde humana (biorremediación in situ).