...

Instrumento analítico que combina un compoñente de natureza biolóxica e outro fisicoquímico que permite medir parámetros biolóxicos ou químicos.

Está formado por: 1) un elemento biolóxico sensible ou receptor biolóxico, por exemplo, un tecido, microorganismos, orgánulos, receptores celulares, encimas, anticorpos, ácidos nucleicos, etc.; ou ben un receptor creado mediante enxeñería biolóxica, que detecta especificamente unha substancia (analito) aproveitando a especificidade das interaccións biomoleculares; e 2) un transdutor ou elemento detector, que transforma unha sinal noutra (funciona de forma fisicoquímica: óptica, piezoeléctrica, electroquímica, electroquimioluminiscencia, etc.), que resulta da interacción do analito co elemento biolóxico, e que se pode medir e cuantificar facilmente. O dispositivo lector do biosensor conéctase cun sistema electrónico ou con procesadores de sinal, que son os principais responsables da visualización dos resultados.