...

Técnica agrícola consistente na incorporación dunha emenda que conten carbonato de calcio (CaCO3), carbonato de magnesio (MgCO3) ou outros materiais que diminúen o acedume dun solo e, en consecuencia, melloran a nutrición dos cultivos e as propiedades físicas do solo. Utilízase para controlar a reacción dos solos acedos e a concentración de aluminio biodispoñible e para aportar calcio. O término procede da época na que se engadía cal como única emenda.