...

Propiedade do solo ou dalgúns dos seus compoñentes de oporse a unha variación brusca da concentración de ións na fase líquida ou de pH do solo no caso de aporte de ácidos ou de bases. Neste último caso, trátase do factor de capacidade de acedume ou de basicidade, que expresa a cantidade de ácido ou de base necesaria para variar unha unidade o pH do solo. Equivale á inversa da pendente da curva de neutralización que relaciona o factor cantidade de ácido ou base engadido e o factor intensidade (pH).