...

Cantidade de auga, dθ, que se debe engadir ou extraer dunha mostra de solo non saturada de auga para que o seu potencial matricial, ψm, aumente ou diminúa, respectivamente, nunha unidade, é dicir, o cambio na cantidade de auga por unidade de potencial matricial. Exprésase como cθ = c(θ) = – dθ/dψm, onde θ é o contido de auga e ψm é o potencial matricial. Corresponde á pendente da curva característica de humidade do solo para un valor determinado do contido de auga, θ. A súa ecuación de dimensións é [L3L-3L-1] = [L-1]. En condicións de saturación, a capacidade diferencial de auga é cero, xa que un cambio pequeno no potencial matricial non causa ningún cambio na fracción de volume de auga.