...

Cantidade de carbonatos que contén a terra fina dunha mostra de solo expresada como porcentaxe de carbonato de calcio (CaCO3). O método de análise impide saber se se trata de CaCO3 ou de carbonato de magnesio (MgCO3), de aí a denominación de equivalente. Atácase a mostra con ácido clorhídrico do 10 % e mídese o volume de dióxido de carbono (CO2) desprendido, que se compara co volume de CO2 que se desprende cunha mostra de CaCO3 puro (método do calcímetro de Bernard). Exprésase en gramos de CaCO3 por cada 100 g de mostra. No campo, a presenza de carbonato de calcio identifícase pola efervescencia que produce ao atacar una mostra cunhas gotas dunha disolución de HCl do 11 %. A presenza de CaCO3 no solo condiciona a dispoñibilidade de nutrientes para as plantas, de modo que en solos calcarios pode haber deficiencias en fósforo, ferro, boro, cinc e manganeso e clorose férrica.