Siglas COD.
Fracción soluble da materia orgánica do solo definida de xeito operacional como aquel carbono presente na fase líquida do solo e que atravesa un filtro de luz de malla entre 0,22 e 0,7 μm (tipicamente 0,45 μm). Entre os compostos que compoñen o COD cabe indicar: hidratos de carbono, ácidos orgánicos, aminoácidos, encimas extracelulares, sideróforos e biosurfactantes.
Constitúe unha fonte potencial de carbono e enerxía para os organismos heterótrofos. A súa labilidade depende do tipo de solo, e vai desde moi lábil a dificilmente degradable se está constituído por fenois ou taninos (p. ex., en solos con queirogas).
Nalgúns ecosistemas pode representar unha importante vía de perdas de carbono por percolación.