Catión unido de xeito reversible a un grupo funcional con carga negativa situado na superficie de un cambiador (partícula coloidal do solo, p.e.) que pode ser desprazado por outro catión, xeralmente da fase líquida do solo, nunha relación estequiométrica. A cantidade de cada catión exprésase en cmolc kg−1 do cambiador (solo, arxila, materia orgánica ou outro).