Conxunto de catións alcalino-térreos (Ca2+ e Mg2+) e alcalinos (Na+ e K+) unidos de xeito reversible a grupos funcionais situados na superficie das partículas coloidais do solo con carga negativa, que poden contribuír, á súa basicidade. A súa porcentaxe respecto á capacidade de intercambio de catións define o grao de saturación do complexo de intercambio (V). Exprésanse en cmolc kg−1 de solo. O método estándar para determinalos baséase nunha extracción con acetato de amonio (NH4C2H3O2) 1 µ a pH 7, se ben este método non resulta axeitado para solos calcarios, nin para solos xesosos, xa que o acetato de amonio disolve o carbonato de calcio (CaCO3), e o xeso (CaSO4 · 2H2O) disólvese en auga. En solos calcarios, a extracción debe facerse cunha disolución de acetato de sodio (NaCH3COO) 1 µ, determinando o Ca2+ intercambiable pola diferenza entre a capacidade de intercambio de catións (CIC) e a suma dos contidos de Mg2+ e K+, extraídos con acetato de sodio e de Na+ extraído con acetato de amonio. O método tampouco resulta axeitado para solos acedos e de carga variable, dado que a disolución extractora amortecida a pH 7 e a alta forza iónica producen un incremento da carga negativa do solo e, polo tanto, unha sobrevaloración da CIC respecto das condicións de campo. Debe evitarse a expresión bases de intercambio, xa que non se refire a bases no sentido químico do termo. En rigor a expresión bases de intercambio, non debería utilizarse, xa que estes catións non son bases no sentido químico do termo (ácidos de Lewis) e no determinan necesariamente condicións de basicidade ou alcalinidade do solo. Así, en contraposición ao que sucede cos catións acedos (de aluminio e hidroxenións), cuxo predominio no complexo de cambio sempre é determinante de unha reacción aceda, estes catións deberían ser denominados «catións non acedos».