Microorganismo do Domínio Bacteria, de metabolismo fotoautótrofo, que posúe clorofila similar á das plantas e por tanto capaz de realizar a fotosíntese. Este metabolismo fotosintético (fotoautotrofismo) fai que a súa actividade quede moi limitada, restrinxida á superficie do solo. Debido á súa actividade fotosintética, durante moito tempo foron consideradas como algas e denomináronse (algas azuis ou algas verde-azuis).
Moitas das cianobacterias: Nostoc, Anabaena, Trichodesmium, entre outras, poden fixar nitróxeno, o que lles confire unha vantaxe competitiva fronte a outros microorganismos.
O feito de que poidan fixar nitróxeno e dióxido de carbono directamente da atmosfera significa que non teñen dependencia da materia orgánica preformada, o que lles permite actuar como primeiras colonizadoras de superficies de rochas núas e iniciar a meteorización da rocha e a formación do solo.
Algunhas viven en simbiose coas plantas, como a Anabaeba azollae nos tecidos dos pequenos fentos flotantes do xénero Azolla; outras pódense asociar con fungos en simbioses semellantes aos liques (cianoliques).
As codias de cianobacterias na superficie do solo favorecen a súa estabilización o que
favorece a retención da auga e evita a erosión.