...

Densidade relativa de microorganismos na rizosfera (R) en relación á existente no solo sen raíces (solo non rizosférico ou solo distante, S). As comunidades de microorganismos na rizosfera son máis diversas e representan unha maior biomasa que as do solo non rizosférico, debido principalmente á variedade e a elevada concentración de compostos orgánicos e inorgánicos presentes na rizosfera (exsudacións radicais). Xeralmente, a relación R:S é maior para as bacterias que para os fungos e actinomicetos.