...

Conxunto de constituíntes da fase sólida do solo implicados en procesos de adsorción de ións, tanto físicos coma físico-químicos, nos que adquire grande importancia a carga eléctrica superficial. Está constituído, principalmente, polos coloides do solo: minerais de arxila, moléculas húmicas e oxihidróxidos de ferro e de aluminio, aínda que, segundo a súa natureza mineralóxica, tamén poden contribuír con moita menor relevancia o limo e a area moi fina. É unha característica moi significativa dos solos, xa que lles permite desenvolver múltiples funcións (almacenaxe e subministro de nutrientes, filtro ambiental e capacidade amortecedora entre outras).