Complexo que resulta da unión directa dun ión (sen moléculas de auga interpostas) e un grupo funcional situado na superficie (GFS) das partículas coloidais do solo, como acontece nos minerais da arxila. Estes complexos limítanse a ións con alta afinidade cos GFS. O enlace é de tipo covalente, polo que a unión é moi estable, irreversible ou pouco reversible. Trátase dunha adsorción específica.