Hidrólise dos minerais do solo por acción de complexantes orgánicos. Prodúcese en medios ácidos, con actividade biolóxica baixa e humus tipo mor ou moder. Adoita estar asociada a procesos de podsolización, pero tamén a procesos de alteración dos minerais lábiles do solo en sistemas con alta concentración de compostos segregados na rizosfera, moi agresivos, xeralmente relacionados cunha elevada actividade de fungos.