...

Proceso polo cal ten lugar unha diminución de volume do solo ao sometelo a unha presión, co conseguinte aumento da densidade aparente e diminución da porosidade con expulsión de aire e/ou auga. A compresión comporta cambios na fábrica do solo ao ir aumentando a presión, o que pode provocar: (1) unha reordenación e orientación das unidades de fábrica (agregados, clústeres e dominios) sen distorsión significativa; (2) un maior grao de orientación das unidades de fábrica; e (3) unha maior orientación das unidades de fábrica e de partículas dentro delas e unha diminución de volume nas unidades de fábrica (compresión secundaria).