...

Condicións que definen o comportamento dun modelo nos seus límites e permiten resolver unha ecuación diferencial para un caso concreto. Describen o comportamento dun sistema na súa zona de existencia, polo que permiten axustar o problema a condicións específicas. A solución dun problema de condicións de fronteira é a solución dunha ecuación diferencial que tamén satisfai estas condicións de fronteira.