...

Proceso de transferencia de enerxía térmica por propagación da calor dentro do solo por movemento molecular interno e sen movemento de materia. Dado que a temperatura é unha expresión da enerxía cinética das moléculas dun corpo, a existencia de distintas temperaturas dentro dun solo provoca normalmente unha transferencia de enerxía cinética da parte máis quente á máis fría que estea máis próxima, tendendo a equilibrar a distribución interna da enerxía cinética molecular, é dicir, a súa temperatura, por mero contacto de partículas. A condución de calor no solo descríbese por medio da lei de Fourier.