Capacidade dunha disolución (auga ou extracto acuoso dun solo) para conducir a corrente eléctrica debido ao seu contido iónico. A súa medida serve para estimar o contido de sales solubles disoltos na auga ou na fase líquida dun solo. Represéntase por CE e no sistema internacional de unidades (SI) se expresa en dS m−1 a 25 °C (temperatura de referencia por convenio). Dado que a actividade iónica depende da temperatura (a CE diminúe coa temperatura), as medidas estandarizáronse a 25 °C. A equivalencia é: 1 dS m−1 a 25 °C igual a 1 mmho cm−1 a 25 °C, unidade que non pertence ao sistema internacional, pero que se utilizara anteriormente.