...

Propiedade física dun material que mide a súa capacidade para transferir calor por condución. É a densidade de fluxo de calor que ten lugar a través dunha superficie unidade, por unidade de tempo, cando existe un gradiente de temperatura unidade, δTδs, entre dous puntos separados unha distancia, δs, na dirección do fluxo. É o coeficiente de transporte da lei de Fourier. Represéntase por λ e no sistema internacional de unidades mídese en J m-1 oK-1.

A condutividade térmica dun solo depende da composición das tres fases do solo, a forma e tamaño dos grans, a estrutura do solo, o contacto nas interfases e o contido de auga. O aire é un mal condutor, sendo a fase sólida a que ten maior condutividade térmica, que aumentará coa densidade aparente, xa que a fase gasosa será menor e as partículas sólidas estarán máis en contacto. A relación entre λ do cuarzo en masa, a area de cuarzo húmida e a area de cuarzo seca é de: 200:40:7. Para un mesmo contido de auga, os valores de λ aumentan de maneira que: turba < arxila < limo < area fina.