...

Magnitude que expresa a capacidade de conducir ondas electromagnéticas dun material. O valor varía co contido de auga do solo. Nun solo seco é da orde de 4 a 10, mentres que na auga pura é de 80. A medida mediante unha sonda introducida no solo constitúe un método indirecto para determinar o contido volumétrico de auga, despois de calibrar as medidas no devandito solo.