Contaminación que se orixina dende diferentes focos difíciles de identificar e non a partir dunha fonte única e que afecta a grandes áreas. Os campos agrícolas cando se erosionan poden proporcionar fosfatos que contribúan á eutrofización augas abaixo, sen que se poida determinar exactamente de onde proceden. Tamén as emisións industriais á atmosfera poden causar a contaminación difusa de solos e augas de áreas distantes.