Contido de auga dun cilindro cunha mostra inalterada de solo despois de saturalo de auga en condicións de laboratorio. O seu valor é algo inferior á humidade de saturación. Débese a que non todos os poros se enchen de auga, xa que se forman burbullas de aire que quedan ocluídas ou encapsuladas no interior dos agregados ao entrar a auga no solo. O contido de aire ocluído representa o contido de aire residual.