...

Cantidade de auga que perde unha mostra de solo cando se seca a 105°C ata masa constante. Exprésase en porcentaxe respecto á masa de solo seco. Esta definición non resulta aplicable no caso de solos nos que algún dos seus compoñentes conteñan auga de cristalización, como é o caso de solos con xeso, CaSO4·2H2O, xa que por riba de 50°C pérdese parte da auga de cristalización, o que falsea os resultados.