Diminución do volume que ocorre nas etapas finais de secagem dunha mostra con arxilas inchábels, debido a unha reorganización do arranxo visíbel do solo (so lupa de 10x) e, nalgúns casos, unha mestura de partículas. Na curva de contracción, corresponde á parte non linear, abaixo do límite de contracción.