...

Capa delgada na superficie do solo duns poucos milímetros ata uns 3 cm de espesor, con estrutura xeralmente laminar, baixa porosidade, usualmente de tipo vesicular, pouco permeable á auga e ao aire, e moito máis compacta, dura e fráxil que o material inmediatamente subxacente. Fórmase por secado do selo superficial, polo que ventos fortes favorecen a súa formación. Supón un impedimento para a xerminación dalgúns cultivos (p. ex., o millo), podendo dar lugar a un fracaso na sementeira.