...

Crecemento oculto dalgunhas células individuais nun cultivo bacteriano que non pode cuantificarse por medios tradicionais (recontos de células ou medidas de biomasa), porque a maioría das células predominantes non crecen en absoluto.

Prodúcese cando a poboación microbiana se atopa baixo unhas condicións que limitan o seu crecemento por: 1) deficiencia de nutrientes, e un ou varios nutrientes esenciais se esgotan no medio; 2) un produto de desfeito do organismo que se acumula no medio e inhibe o crecemento. Con isto só uns poucos superviventes poden ser mantidos polas substancias nutritivas dispoñibles liberadas polo citoplasma das células mortas lisadas, superviventes que crecen e se multiplican, pero sen que haxa un aumento neto no número de células e alcánzase unha fase estacionaria.