...

Estado no que a maioría de poros entre as partículas sólidas do solo están cheos de auga sen que se chegue á saturación, incluso se o solo se inunda cun exceso de auga e se atopa baixo unha presión de auga positiva. Débese a que o aire quedou atrapado coa entrada da auga con formación de burbullas de aire que quedan ocluídas ou encapsuladas no interior dos agregados. O contido de aire ocluído representa o contido de aire residual.