Restrollo ou residuos de cultivos deixados no campo por riba do solo a modo de cuberta ou mulch, antes e durante a preparación das labores de sementeira e, polo menos parcialmente, durante o crecemento do cultivo seguinte. Estes residuos vexetais poden provir tamén de fertilizantes verdes de leguminosas, gramíneas e crucíferas herbáceas, introducidos no cultivo principal arbóreo ou arbustivo para a protección do solo contra a erosión hídrica e para evitar a perda de nutrientes por lavado durante o outono e o inverno. En cultivos arbóreos e arbustivos tamén se adoita deixar os restos da poda triturados nas filas e na súa proximidade como protección contra a compactación do solo.