Magnitude que indica a cantidade de materia orgánica biodegradable, disolta ou en suspensión que contén unha mostra de auga e que serve para estimar o seu grao de contaminación. Se mide pola cantidade de osíxeno consumido polos microorganismos no proceso de descomposición da materia orgánica dun volume de auga durante un período de incubación normalizado a cinco días (DBO5). Exprésase en miligramos de osíxeno por litro (mg de O2 L−1).