Instrumento de campo para determinar a densidade aparente en solos nos que predominen os materiais grosos (grava media e grosa) e materiais non consolidados nos que non é practicable obter testemuñas encamisadas (p. ex., entulleiras, camiños). Permite medir cunha precisión satisfactoria o volume aparente dunha cavidade da que foi extraído con coidado o material para determinar a súa masa unha vez seco, o que permite calcular a densidade aparente. Consta dun tubo cheo de auga, un émbolo e unha membrana de látex.